terça-feira, 1 de maio de 2012

«Largada da Pomba da Paz»

XXVI Encontro de Educadores Galego Portugueses pela Paz, Chaves, 27, 28 e 29 de Abril 2012
 


  Carta enviada por quem recolheu a «Pomba da Paz»
"Ola! En primeiro lugar dicirlles que me comunico con vostedes, para informalos sobre a pousada da pomba da paz.
Ela decidiu pousarse aquí nun monte de Bembibre, un pobo do concello de Viana do Bolo, provincia de Ourense, en Galicia.
"Este suceso produciuse arredor das 17:15 do Sábado 28 de Abril, polo que lin na rede, vendo o programa do XXVI encontro de Educadores pola Paz, levoulle unhas 3 horas esta larga viaxe.
O meu mozo máis eu, iamos por unha estrada no coche, cando de pronto miramos cara o ceo e vimos un obxecto estraño no aire, entón paramos e puxémonos a investigar. O primeiro que se nos pasou pola mente era a posibilidade de que fose un cataventos pero non nos cadraban as cousas de todo. Entón dispuxémonos de uns prismáticos.
Percibimos que era unha pomba, e que por riba levaba dous grandes globos amarelos. Mirando para ela durante un minutos notamos a súa disposición, grazas a gravidade, a caer, entón foi cando descubrimos que se pousaba nun monte.
Os dous nos botamos a andar e finalmente demos dela, estaba alí pousada e decidimos recollela, despois dun e outro obstáculo (paredes, árbores...) debido as súas dimensións e o seu fráxil material. Finalmente sacámola ata a estrada máis próxima, dos dous globos que chegaron intactos só conseguimos que quedara un e unha das catro alas que levaba a parte traseira tamén sufriu certos danos, pero témola gardada para repola.
Finalmente gardámola nunha nave e foi cando por fin leemos a carta detidamente, decidimos comunicarnos con vós para que tiverades noticias dela pero como xa saben, o dia 1 de Maio é festivos pola celebración do día do traballador, e as dúas escolas públicas da zona fixeron ponte, entón hoxe non foi día lectivo.
O mércores , día 2 de Maio imos ir a entregala a unha delas, aínda nos décimos a cal, imos falar ca dirección de ámbolos dous para haberse algún ten previsto seguir o circulo, de todas formas supoño que este encontro estará organizado por nenos, entón en primeiro lugar miramos no colexio de primaria (C.E.I.P Bibei) e senón será no instituto (I.E.S Carlos Casares).
Gustaríame volver a ter noticias de vostedes, pola nosa parte xa lles afirmarei en escola a entregamos. E tamén dicirlles que nos fixo ilusión encontrala e grazas a nós que a pomba poda seguir esta viaxe, ademais de darlle a oportunidade de crear un vínculo con escolas da nosa zona.

Atentamente, Lorena e Roberto"
Através do grupo do Facebook: https://www.facebook.com/groups/EncontrosPaz/

Nenhum comentário:

Postar um comentário